Benvidos a ‘Laretando’, o novo podcast do Galicia Confidencial. Pero xa vos aviso que aquí non ides encontrar nada serio, que para iso xa temos o xornal. A nós o que nos gusta é o ‘salseo’, e por iso creamos este podcast para falar con creadores de contido galegos.
Xa que está moi de moda isto de subir cousas ás redes, nós imos laretar con eles para coñecelos un pouquiño máis e saber quen é a persoa que está detrás dos vídeos. Está guai, verdade? Pois entón non sei a que esperas para seguirnos! 😉

Laretando é o podcast de Galicia Confidencial para entender a actualidade galega con máis contexto, máis calma e máis proximidade. Un espazo de conversa no que xornalistas da redacción e dos medios asociados analizan os temas que marcan o día a día de Galicia, indo máis alá do titular para explicar que ocorre, por que ocorre e que consecuencias pode ter.
Desde a política, a economía ou o medio ambiente ata a cultura, a lingua, a historia ou a sociedade, Laretando achega unha mirada plural, local e rigorosa sobre o país, coa voz de quen conta a información cada día.
Hoxe en Laretando falamos sobre as velutinas e os problemas que están a xerar nos ámbitos urbanos e rurais, o proxecto do IES Rafael Dieste da Coruña 'Aquí tamén se fala' e sobre unha das nosas tradicións máis galegas, a queimada

