Higher Street

Programa de música electrónica feito por Iván Mera. Radio_activos desde 1997 | jazz | soul | funk | free | rap | d&b | electro | deep | breaks | trip hop | …

Off Mental

OFF MENTAL, a cara “B” da música na cara “B” da radio. Presenta: Pequeno Monstro.

Axóuxere

Silvia Tuñas e Anxo Núñez falan dos temas de actualidade que a ti máis che interesan.

Radio Cerna

RADIO CERNA é a única produción radiofónica de Galiza especializada en medio ambiente e ecoloxismo. Trátase dun proxecto pioneiro no país que, a través do soporte sonoro, aborda a cuestión ambiental e cultural desde unha óptica local. Nace en 2005 da man de ADEGA.

Efervesciencia

Efervesciencia é un dos programas de divulgación científica máis veteranos do dial en toda España. Naceu en outubro de 2006 da man de Manuel Vicente e polos seus micros xa pasaron ao redor de 1000 científicos.

O Recanto do Corcovado

Programa musical especializado. Dirixo e presentado por Lois Atanes, o programa procura construír sinerxías musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais… todo pode encaixar a través da calidade como único e indiscutible criterio. Vigo/Tampere (Spain/Finland) desde 2000.

Ábrete de Orellas

Esta versión radiofónica de Ábrete de Orellas repasa concertos no país, novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e recupera cancións do pasado máis ou menos recente. Ábrete de Orellas xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a… Seguir lendo Ábrete de Orellas

Alegría

Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume. Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite.

Salta da Cama

Programa matinal, dirixido e presentado por Pablo García, con dedicatorias musicais, felicitacións de aniversario, información e entretemento, seccións de humor e entrevistas de actualidade. Radio Estrada ofrece algúns dos seus programas en formato podcast, visita a súa web para escoller o que máis che guste ou subscríbete ao RSS.

Grandes Vozes do Nosso Mundo

Grandes Vozes do Nosso Mundo é un programa de Radio Burela, dirixido e presentado por Marco Pereira coa colaboración de Silvera Vicente de Oliveira. Unha iniciativa feita desde a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo. As da música galega e as dos países que acolleron… Seguir lendo Grandes Vozes do Nosso Mundo