Repositorio en audio das actividades e palestras do colectivo Avante LGBT+ na cidade de Pontevedra.
Somos unha organización LGBT+ anticapitalista, feminista e galega.
Se queres enterarte de todo o que organizamos ou queres participar connosco, as nosas redes son @AvantePonte no Twitter e @AvanteLGBTPontevedra no Instagram.

Conversas con persoas LGBTIQA+ galegas que son referentes e que nos precederon na nosa loita. Porque a nosa memoria tamén é diversa!
Podcast a cargo do colectivo Avante LGBT+ na cidade de Pontevedra. Se queres saber de todo o que organizamos ou queres participar connosco somos @AvanteLGBTPonte no Instagram.
Edición dos episodios a cargo de Fran Barros Fernández.
Nacha Sánchez, La poderosa, é activista e protagonista do primeiro filme que tratou a realidade trans no Estado español: “Vestida de azul”. Nesta quinta entrega, fixemos un percorrido con ela pola súa vida e pola situación das “travestís” no tardofranquismo e na transición.
'Referentes' é un podcast de Avante LGBT+ Pontevedra. Nel, entrevistamos persoas LGBTIQA+ galegas que nos precederon na nosa loita. Porque a nosa memoria é diversa e colorida!
Esta entrevista formou parte das actividades do Orgullo PTV+ o 18 de xuño de 2026, organizada por Avante LGBT+ e Arelas, en colaboración co Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo.
Se queres saber das novas actividades que organizamos ou asistir ás nosas asembleas abertas, podes seguirnos nas nosas redes: https://www.instagram.com/avantelgbtponte/
A gravación do pódcast foi na Casa das Campás, a entrevistadora Eva Mejuto e na técnica Fran Barros.

