Radio Orballo

Somos unha revista que nace froito dun interese plausíbel pola cultura en xeral. A nosa intención é de participar nos movementos de vangarda galegos.

Radio Escaparate

Radio Escaparate é un programa feito polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. Nel mestúranse comunicación, actualidade, cultura, creatividade e boa música. Mércores ás 20.00 horas.

Os Outros Feirantes

Infoshow que busca ofrecer en cada programa, de xeito ameno, as cousas de interés de un Concello de Galicia. É dicir, cada programa adícase a un Concello e tratará de ir contando en diferentes seccións a súa xeografía, gastronomía, recursos naturais e arquitectónicos dese recuncho de Galicia, co ritmo desenfadado dun día de festa. Polo… Seguir lendo Os Outros Feirantes

Arredemo

Programa de humor e actualidade, cheo de retranca e moito espectáculo radiofónico ó estilo morning show.Equipo: David Leiro, Miguel Gómez

Xoubas

Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.

Sexto grao

Un podcast bimensual para falar coas persoas seguindo a teoría dos seis graos. Emitindo en Radio Campus Culturae.

Sons Revela2

SONS REVELA2 é un programa de radio que fala de música, fotografía, entrevistas, comentarios, axenda de exposición e concertos entre outras sorpresas que iremos descubrindo co paso dos programas.

Entrelazados

Programa divulgativo en lingua galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.

Divertimento para pequenos monstros

É un espazo de radio independente conducido polo Pequeno Monstro, realizado dende finais dos 80´s. Emitido nas súas orixes por Radio Fene e Radio Kaos, actualmente é parte da grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol). Ademais, é redifundido por Rádio Kalimera, 107.9 FM (libre de Compostela). Durante os seus máis de… Seguir lendo Divertimento para pequenos monstros

Axóuxere

Silvia Tuñas e Anxo Núñez falan dos temas de actualidade que a ti máis che interesan.

Fantasma Accidental

Música, lémures, fantasmas e outros accidentes. Un programa sobre a música contemporánea galega e as súas conexións, nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo da man de Jose “Lemur” Abelairas.

Culturadeseu

Culturadeseu, onde se fala con diferentes convidados verbo da cultura galega líquida e glocal.