Programa semanal dedicado ao fútbol feminino galego. Estamos en antena, desde o 5 de febreiro do 2021, todos os venres de 12.00 a 13.00 h.

Programa adicado ao Futbol Feminino presentado por Carlos Castro
Coa folga nas dúas primeiras categorías do fútbol español, o foco do programa estivo no Celta-Deportivo B, que terá lugar o sábado na Madroa. Con Estela, unha futbolista integrada no fútbol vigués desde o Matamá até o Celta, pasando polo Sárdoma, fálamos das súas impresións sobre o derbi. Do outro lado tivemos a Marta Rico, a arquitecta do fútbol ofensivo do cadro herculino, que nos falou das virtudes no equipo dirixido por Aitor Prieto, quen non ten nada a ver co da pasada temporada. Rematamos falando dese terceiro liderado histórico do Victoria santiagués na Terceira Federación, que ademais sumou o gol 500 na historia do grupo I do cuarto nivel do fútbol español.
Foto: Estela (Celta) e Marta Roco (Deportivo). © R.C. Celta/R.C.D. A Coruña

