Unha mirada crítica da actualidade, coas voces das súas protagonistas e da comunidade, dende a Galiza.
Unha mirada crítica da actualidade, coas voces das súas protagonistas e da comunidade, dende Galiza
Coa chegada do outono caen as follas e agroma a solidariedade!
Este é un programa en apoio ás encausadas pola Operación Jaro. Neste programa achegamos información sobre a operación Jaro, pola que se xulgará inxustamente a 12 activistas independentistas e as organizacións das que forman parte: Causa Galiza e Ceivar, os días 19, 20 e 21 de outubro do 2020 na Audiencia Nacional de Madrid.
Con este programa queremos contribuír a desmontar esta montaxe policial e política. As banduas lanzamos a voz fronte a represión, unha estratexia do estado que procura meter medo, crear desconfianza e desmobilizar á xente e as súas comunidades.
“Nem prisom nem ilegalizaçom do independentismo. Dereito à participaçom política e à solidariedade”
Para colaborar, asinar o manifesto e para + info:
solidariedade12@riseup.net
12empe.wordpress.com
Obrigadas a todas as voces colaboradoras, as músicas e as mans que fan posible que isto soe con xeito!