Un maremoto asolaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandonada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros enerxéticos. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asolagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación.
Un día que está a caza de clientela tropeza “por casualidade” con Ramón, un antigo mozo. Ramón é un policía que está pasando uns días de vacacións na cidade cuns compañeiros de traballo. Convida a Xiana a sentarse á mesa con eles e saca, de novo “por casualidade”, o tema da lenda da caixa forte da Caixa Universal.
A lenda di que no soto da oficina central da Caixa Universal, agora asolagada, hai moreas de moreas de billetes á espera de que alguén vaia por eles. Xiana ri deles, di que é un conto para turistas pero Ramón insiste ate que Xiana cae na tentación de ir comprobalo.
Podes tamén escoitalo en castelán ou inglés.
Un maremoto asulaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandoada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos que atraen ó turismo cando baixa a marea ou recuperando cousas que quedaron atrapadas na zona asulagada. Dentro deste último grupo está Xiana, que aproveita moi ben os recursos que lle ofrece a nova situación. Un día que está a caza de clientela tropeza “por casualidade” con Ramón, un antigo mozo. Ramón é un policía que está pasando uns días de vacacións na cidade cuns compañeiros de traballo. Convida a Xiana a sentar á mesa con eles e saca, de novo “por casualidade”, o tema da lenda da caixa forte da Caixa Universal. A lenda di que no soto da oficina central da Caixa Universal, agora asulagada, hai moreas de moreas de billetes á espera de que alguén vaia por eles. Xiana ri deles, di que é un conto para turistas pero Ramón insiste ate que Xiana cae na tentación de ir comprobalo.
Agrupación dos once últimos capítulos da novela No Fondo, sen interrupcións. Podes descargar a novela de balde en: https://www.bubok.es/libros/172734/No-fondo