Sexto grao

Un podcast bimensual para falar coas persoas seguindo a teoría dos seis graos. Emitindo en Radio Campus Culturae.

Sons Revela2

SONS REVELA2 é un programa de radio que fala de música, fotografía, entrevistas, comentarios, axenda de exposición e concertos entre outras sorpresas que iremos descubrindo co paso dos programas.

Entrelazados

Programa divulgativo en lingua galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.

Divertimento para pequenos monstros

É un espazo de radio independente conducido polo Pequeno Monstro, realizado dende finais dos 80´s. Emitido nas súas orixes por Radio Fene e Radio Kaos, actualmente é parte da grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol). Ademais, é redifundido por Rádio Kalimera, 107.9 FM (libre de Compostela). Durante os seus máis de… Seguir lendo Divertimento para pequenos monstros

80 Vinilos/h

80 Vinilos/h, un programa de música estatal dos 80´s con especial parada nas rarezas de “La Movida” e inclusión da Enciclopedia Estatal desta década.

Fantasma Accidental

Música, lémures, fantasmas e outros accidentes. Un programa sobre a música contemporánea galega e as súas conexións, nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo da man de Jose “Lemur” Abelairas.

Culturadeseu

Culturadeseu, onde se fala con diferentes convidados verbo da cultura galega líquida e glocal.

Habitando

Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis decirlle en Galicia, de Arquitectura Sen Fronteiras. O último venres de cada mes estaremos no teu podcatcher favorito cun novo episodio, ou pásate por aquí para escoitalo ou descargalo directamente.

Folk in Trío

Folk in Trío é un programa de Cuac FM sobre música folk e tradicional, con especial atención á galega, pero sen esquecer outras rexións. Todo tipo de cultura galega ten cabida neste espazo, que dende Xullo de 2010 está nas ondas para todos vós. A música folk e tradicional dáse cita neste espazo con música… Seguir lendo Folk in Trío

Xeración Bravú

Xeración Bravú é o programa da xeración que vai vivir peor ca seus pais. Aqueles mozos e mozas que non teñen futuro, pero sí un sorriso para mudar a realidade! Política, humor, cultura…todo cabe neste programa.

O Malituska 283

Emitindo desde un submarino diésel a profundidade indefinida. Latitude e lonxitude descoñecidas.