Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega.
Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.

Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en Banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.
Neste programa afondamos na personalidade do indiano Juan García Naveira, no misterio da súa fortuna económica e na súa máxima creación filantrópica: O parque do Pasatempo, no seu Betanzos natal, un lugar especial e único. Denominado como parque enciclopédico, este é un un caso insólito na Europa da súa época. Construído a cabalo entre os séculos XIX e o XX, este lugar garda segredos en clave masónica e unha morea de información para entender o mundo decimonónico e as ideas sociais e intelectuais dun mozo labrego que de xeito abraiante acadou o cumio da fama e o éxito na emigración arxentina. Na actualidade, o Pasatempo, atópase nun estado lamentable de decadencia e abandono. Desde a Voz do Demo reclamamos a súa importancia da man de José Souto Santé, un experto no tema, investigador e membro da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo de Betanzos. Ademais disto, atoparás neste capítulo as nosas seccións habituais “Conversas co Demo Pequeno” e “Máis sabe o vello por vello que por demo”. Agardamos que goces desta proposta demoníaca. Demonízate connosco e non esquezas deixarnos o teu like e comentarios se che gusta!
