Outeiro verde é o podcast de Recuncho Gamer dedicado a Sonic no que en cada episodio visitaremos cada un dos xogos desta franquía de Sega. Co Iago Gordillo e o Jon Amil.
Categoría: _Inactivo
Espazo Brétema
Un espazo onde falar de arte e cultura en galego de maneira didáctica e distendida. Un lugar onde coñecer sobre o mundo da Historia da Arte e aprender xuntas.
Cidade e Universidade
A cidade de Santiago languidece no século XX. Só a manteñen con algo de vida a súa historia, o seu patrimonio e a Universidade. Abordaremos neste podcast a revitalización da cidade pola labor institucional protagonizada en democracia polo Concello e a Universidade, sometendo a un cuestionario fixo a alcaldes e reitores e así, coas súas… Seguir lendo Cidade e Universidade
Un ollo de vidro
Ao igual que o esqueleto de Castelao, aquí contamos contos en lingua galega. Contos de Galicia ou de calquera nacionalidade traducidos ao galego, e tamén fragmentos de grandes obras. Cousas que se contan… escoita!
Voces do CEXEF
Podcast do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. Unha pílula sonora que se achegará ás diversas liñas, temáticas e perspectivas -no ámbito dos estudos de xénero-feministas- que se están a tratar no CEXEF a través das voces das súas investigadoras.
a galiña en pel
O primeiro podcast ‘puro’ de “a Lobeira today”. Nel tentaremos a base de pequenas historias, vivencias e música, poñérlle o pelo de punta, isto é, a galiña en pel, á escoitanza que se atreva a poñerse a proba. Atréveste a escoitalo sen que se che ouricen? Proba e fainos saber se o acadamos e se… Seguir lendo a galiña en pel
Alicia de Galicia Falando
Neste podcast (aínda en cueiros) falo sobre cousas que me parecen interesantes. Agora mesmo comecei cunha sección de MÚSICA NAS PELÍCULAS. Nela analizó e comento os sons dos filmes intentando explicar a súa función ou dando a coñecer certas curiosidades. No futuro haberá máis seccións.
DUPLEX presenta
O podcast mensual con toda a información sobre a carteleira e as novidades de DUPLEX Cinema, a túa sala en Ferrol.
Conversas Perversas
Um (1) podcast.Conversas perversas,improvisadas e mesmo rimadas.Um par mui díspar que vás adorar.Até aqui a descriçom, começa a radiodifusom.
La Madriguera Roots & Dub
Programa semanal de música xamaicana 100% a vinilo. Todos os mércores de 18.00 a 19.30 no 106.1 FM en Radio Valadares e streaming en Radio Piratona.
Gallifrey Ceive
Fomos ficando sós o espaço-tempo, a TARDIS e mais nós. Um podcast em galego sobre Doctor Who com Lorena e Jon Amil.
Ireki Gaiola
Programa de radio, desde Euskal Herria contando que outra Galiza é posible.
A Viva Voz Galega
Espazo sobre saúde mental, emocional e física. Isabel Pichel entrevista a especialistas en materia de psicoloxía, psiquiatría, intelixencia emocional, entre outros, e tamén conversa con persoas que teñen unha historia de superación persoal.
As Cousas de Migueliño
Nestes tempos confusos de pandemia, de extremismos políticos, nace este espazo de podcast coa finalidade de entreter e difundir o traballo da diáspora galega que, dende o exterior traballan para labrarse unha vida pero nunca esquecen a terra NAI : Galicia. Un espazo de información, entrevistas e cultura que ten como único obxectivo dar a… Seguir lendo As Cousas de Migueliño
A maçã da Eva
Dúas mulleres que pasan dos corenta falan abertamente e con moita retranca de sexo e relacións afectivas.
espazo negativo
Espazo negativo é unha podcast na que (nós!) Ari e Dan falamos de cousas que nos gustan. Ás veces, unhas cousas levan a outras, e acabamos falando doutras cousas que nos gustan, tamén. Pero polo xeral gústanos a arte e a política.
Quarto Tempo
Este foi um pequeno, hoje em dia descontinuado, o qual jurdiu fai anos coma podcast oficial da Liga Gallaecia (liga popular e mista de futebol gaélico).
110 días
Buscaban a ninguén,fuxían cara ningures… 110 días é unha ficción sonora realizada por Emilio Tilve e Raúl Pinheiro para Radio Liverdade. É unha serie, de 8 capítulos e unha duración total de 35 minutos, na que a través de dúas personaxes mergullaraste e formarás parte dun mundo distópico. Lembra usar auriculares para unha moito mellor… Seguir lendo 110 días
Conexión.gal
Conexión.gal é un programa producido por Praza.gal e VINTE e conducido por Ana G. Liste para dar voz á nova emigración galega. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Isolda, Diana e Martín viven nun mocasín
Isolda, Diana e Martín deciden desafiuzar aos ricos dos seus propios mocasíns, para crear neste un espazo de creación, sabedoría e debate, onde todas somos unhas xenias.
Falar Sen Saber
Falamos de merdas os domingos, pero en galego. Estamos en iVoox e Spotify, para que non nos escoitedes aló tampouco! Si, somos cutres.
Ondiñas do Revenidas
Entrevistas, música e moito máis no Festival Revenidas, con Carlos Crespo.
Na Toupeira, músicas soterradas
Programa de Radio A Trastenda, emisora on line de podcast da Asociación Cultural e Centro Social A Trastenda da Pobra do Caramiñal, onde dar voz ao rock galego de guitarras poderosas cunha porta aberta á Lusofonía.
Historias dun pirata
Historias dun pirata é un podcast baseado en feitos reais que narra a vida do pirata galego Benito Soto Aboal, unha historia curta pero intensa que non deixará indiferente a nadie. Escrito, realizado e narrado por Samuel Lago.
