O primeiro podcast ‘puro’ de “a Lobeira today”. Nel tentaremos a base de pequenas historias, vivencias e música, poñérlle o pelo de punta, isto é, a galiña en pel, á escoitanza que se atreva a poñerse a proba.
Atréveste a escoitalo sen que se che ouricen? Proba e fainos saber se o acadamos e se queres envía as túas “galiñas en pel” ao noso correo agalinhaenpel@gmail.com ou a calquera das redes nas que anda “a Lobeira today”.
O primeiro podcast “puro” da Lobeira today, no que tentaremos a base de pequenas historias, vivencias e música, poñérlle o pelo de punta, isto é, a galiña en pel, á escoitanza. Atréveste a escoitalo sen que se che ouricen? Proba e fainos saber se o acadamos.
Envía as túas “galiñas en pel” ao noso correo agalinhaenpel@gmail.com ou a calquera das redes da Lobeira today.
Embarca nesta viaxe pola nosa terra dende Portozás atá as súas inexistentes fronteiras, pasando por Ribeira, Vigo, o lugar de Silván, no concello de Coristanco, a illa de Ons, a vila de Pontedeume e a comarca de Santiago. Desfruta deste viaxe sonoro que busca emocionarte, conmoverte, provocarche a piloerección, isto é, acadar que se che poña a galiña en pel. Se así é, fainolo saber comentando no episodio en anchor, ou por calquera das redes da Lobeira today.
Neste episodio extra podes atopar o seguinte:
– Mareas Vivas (o mar de Portozás) de Mercedes Peón.
– Cantar de bois e muiñeira punteada de Mercedes Peón no Luar de marzo do 1993.
– Anubía de Berrogüetto en colabora coas Cantareiras de Cantigas e Agarimos.
– Canto de arrieiro de María Castro Romero no programa Luar.
– Muiñeira de Ons de Xosé Lois Romero e Aliboria.
– Vamos Dançar de Faltriqueira.
– A voz das Evas de Leilía.
– Terra de Tanxugueiras, audio da actuación na final do Benidorm Festival de 2022.