Podcasts de ficción producidos polo Consello da Cultura Galega.
Neste perfil podes escoitar os diferentes proxectos de podcast producidos polo Consello da Cultura Galega. O noso primeiro proxecto foi A Lindona de Galicia (2021), unha adaptación sonora dunha obra de teatro do Século de Ouro en galego e castelán. O novo proxecto é A Camisa, a emblemática obra teatral de Lauro Olmo, estreada en Bos Aires en galego en 1960 e na súa lingua orixinal, o castelán, en Madrid en 1962.
A Camisa foi unha das obras emblemáticas do dramaturgo Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1921 – Madrid, 1994). O concello do Barco de Valdeorras e o Consello da Cultura Galega promoven esta adaptación sonora, realizada a partir da tradución ao galego de Ramón de Valenzuela en 1960.
Dramaturxia: Tito Asorey
Elenco: Melania Cruz, Vanesa Sotelo, María Costas, Josito Porto, Nacho Castaño, Davide González, Tito Asorey