Podcast que busca rescatar e dignificar a memoria daqueles homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que reconstrúe, a través dos seus propios relatos, a experiencia vivida durante a guerra civil.
Dirixido e presentado por Nuria López.

Podcast que busca rescatar a memoria dos homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que reconstrúe, a través dos seus propios relatos, a experiencia vivida durante a guerra civil.
A intervención na foxa de Serantes, a homenaxe os presos de San Simón e a inminente poxa dos bens que os Franco aínda gardaban en Meirás centran o capítulo 40 de 'A ferida aberta no 36'. Neste episodio:
* Pasamos revista co secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, aos avances realizados en Galicia nesta materia e ás cuestións que quedan aínda pendentes.
* Adentrámonos na foxa de Serantes, unha das máis grandes de Galicia, cos responsables da intervención: a historiadora Lucía Santiago, arqueóloga Oria Ferreiro, e o antropólogo Edgar Camarós. O equipo conseguíu localizar os restos de polo menos 8 individuos que foron vítimas da represión no interior desta foxa onde se cre xacen os corpos de arredor de 200 represaliados.
* Analizamos a poxa dos bens de Meirás co presidente da CRMH, Carlos Babío.
* Falamos coa directora da Oficina de Vítimas do Ministerio, Zoraida Hijosa, da indemnización á familia do dirixente sindical Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en agosto do 75.
* Saudamos a Raquel Martíz Casal, bisneta de José Benito García Santiago, un dos 28 presos de San Simón, que recibíu a declaración de recoñecemnto e reparación persoal de mans do Goberno.
* Conversamos co director da nova cátedra de Memoria Democrática da USC, Emilio Grandío.
* Sumámonos á homenaxe a todo un referente da vida política, económica e intelectual do noso país, Xosé Manuel Beiras, a quen despedimos este mes de outubro en Compostela.

