A Historia de España de 2º de Bacharelato, desde o Neolítico aos gobernos de Felipe González, explicada en 42 episodios. Tantos, como preguntas poden caer nas probas ABAU desta materia. Por @miguelabraira, Finalista Mellor Docente de España 2020 (Premios Educa).
Autor: Podgalego
Os Contrabandistas
Entrevistas sobre pessoas e suas origens nos diversos pontos da Galiza e Portugal. Histórias, tradições, músicas, festas, gastronomia, cultura, turismo, as relações sócio-econômicas, a nossa língua e os seus diversos sotaques. Estudos sobre a literatura, contexto político e social e historiográfico da Galiza dentro da lusofonia. Suas músicas, cultura, regiões, cidades, aldeias, as questões mal… Seguir lendo Os Contrabandistas
NALINGUA, lecturas dun neofalante
NALINGUA, Lecturas dun neofalante, é un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega desde a ollada dun de Valladolid. Unha análise sen academicismos nin pretensións, só o xeito dun neofalante de amosar o seu agarimo polo galego e pola súa literatura. Un podcast producido por Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría… Seguir lendo NALINGUA, lecturas dun neofalante
Os Contos de Xela e Lela
A Xela e a Lela gústalles moito ler e contar contos, e queren compartir con vós os contos que len en galego neste podcast, no que lerán os seus contos favoritos, que seguro que ti tamén estarás desexando ler.
Os Falabaratos
Podcast sobre deportes, que trata temas transversais de forma profunda, con toques de humor. Cando non temos claras as nosas opinións, invitamos a expertos.
Radio Olvido
Programa musical gravado dende as ruinas da histórica Radio Kalimera, no CSA do Sar, en Santiago de Compostela, Cidade Kapital. Presentado por Emilio P. Cancelo en colaboración con Lukas de Gomariz e outras voces.
Consello da Cultura Galega
Podcasts de ficción producidos polo Consello da Cultura Galega.
Empeine Galego
Debate semanal sobre a actualidade futbolística dos equipos galegos. Falamos do Celta, Lugo pero nos centramos máis na SEGUNDA B (Depor, Ponte, Compos, Racing de Ferrol, Coruxo e Celta B). Realmente somos uns amateurs que facemos isto por pasar un bo tempo xuntos.
Carretando
Carretando, nos vieiros da política galega. Podcast que afonda nas cuestións máis relevantes da política galega. Nunha viaxe sonora en autocaravana, desbotamos o mito da obxectividade e apostamos pola pluralidade e honestidade. Divulgación politolóxica, entrevistas, reportaxes e faladoiros sosegados. Apostamos por unha política construtiva e pola participación e integración da cidadanía na mesma. Súbete connosco!
Baleiro Perfecto
Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto. Un podcast que facemos desde o magazine A que cheira, papá? Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.… Seguir lendo Baleiro Perfecto
Pingando
Ola! Son Laura Veiga, xornalista especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual. Aquí atoparás historias que descoñecías, mitos desmontados pola evidencia científica e moito máis!
GCiencia Podcast
GCiencia podcast é o espazo nas ondas de gciencia.gal: reportaxes, entrevistas, e moito máis.
Radio Outeiro
Radio Outeiro, a radio popular e participativa de San Sadurniño. Emisora popular e participativa emitindo dende o Outeiro #SanSadurniño para o mundo.
Balea Vermella
Audio dos directos en Twitch de Javier Balea e A Raíña Vermella falando sobre diversos temas relacionados coa ciencia.
Likor Kafe
Programa em galego na Zintzilik Irratia de Orereta (Euskal Herria).
Gándaras e Salitre
Un espazo para a poesía. Poetas: Teresa Ramiro e Antom Laia.Apartado técnico e produción: Jorge Lama, @raivenra
Bueno Carallo Bueno
A última mala nova do 2020. Outro podcast. Presentado por Silvio Falcón e Alberte Montes.
Proxecto Neo
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela. O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e… Seguir lendo Proxecto Neo
Retrocorenta
En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares… Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e… Seguir lendo Retrocorenta
Radio Ingrávida
Teatro, cultura, comunidade na Radio Ingrávida, a radio da antiga sala teatral, con Irene Moreira.
Toninho Míguez
Verbas e desbarres dun labrego galego.
Vagon 91
Entrevistas de xeito cotián a persoas extraordinarias.
Coma sempre… O de sempre!
O teu podcast con toda a actualidade do RC Celta. Análise dos partidos, protagonistas, entrevistas, records e moitos convidados! Con @Canhotas e @3pablocampos.
Radio K-oso
Benvid@s á Radio K-oso. Se desfrutades das viaxes e as aventuras viaxeiras, se tendes interese e respecto polas outras culturas e pensades que viaxar é o mellor método de aprendizaxe, poñédevos cómod@s, xa estades na vosa casa. ?
