NALINGUA, Lecturas dun neofalante, é un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega desde a ollada dun de Valladolid. Unha análise sen academicismos nin pretensións, só o xeito dun neofalante de amosar o seu agarimo polo galego e pola súa literatura.
Un podcast producido por Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Se este podcast fose unha carta, comezaría así…
CONTROL MÚSICA CARTA
Querida persoa que escoitas,
Como estás? Hai xa un tempo que ti máis eu non falabamos. Escríboche desde esta terra sonora cercana que é o podcast. Como ben sabes, ou non, pero agora xa o saberás, son Sergio Pascual, neofalante de Valladolid. E este falangullo é NALINGUA no que falamos de…. Un momento, se é unha carta ten que soar o son do bolígrafo, da pluma ou do que sexa… digo eu…
CONTROL FX BOLÍGRAFO
Agora si. Dicíache, persoa que me escoitas, que este episodio de NALINGUA vai sobre un deses libros de meigas que enmeiga dun autor namorado de Lovecraft e que espallou o galego alén de Galicia. Hoxe, escribimos sonoramente a Agustín Fernández Paz e as súas Cartas de Inverno. Comeza, NALINGUA…
Unha produción de Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Grazas ás voces de Xavier Sánchez e David Fernández, Adrián Novoa e Xabier Louzao. Grazas tamén ao CEIP Víctor Sáenz polo seu agarimo e facilidades.
Músicas empregadas:
спрятки e заговорил, de Kosta-T
Añada, de Jahzzar
I dunno (ft. J Lang, Morusque)
Forro, Caamaño e Ameixeiras.
