Carretando, nos vieiros da política galega.
Podcast que afonda nas cuestións máis relevantes da política galega.
Nunha viaxe sonora en autocaravana, desbotamos o mito da obxectividade e apostamos pola pluralidade e honestidade. Divulgación politolóxica, entrevistas, reportaxes e faladoiros sosegados. Apostamos por unha política construtiva e pola participación e integración da cidadanía na mesma.
Súbete connosco!

O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com
Neste episodio de Carretando analizamos a influencia galega sobre o Partido Popular a nivel nacional. Realizamos un percorrido histórico polas figuras que Galicia lle proporcionou ó PP e mantemos un faladoiro con Gema Sánchez, doutora en Ciencias Políticas, e a Rafa Cuíña, ex alcalde de Lalín. Na divulgación afondamos na estrutura e organización internas do Partido Popular con Adrián Vázquez e os nosos politólogos.
