Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto. Un podcast que facemos desde o magazine A que cheira, papá?
Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.
Non o dubides. Isto é unha reunión de voces sobre ciencia ficción e fantasía. Cada programa é unha historia.

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto.
Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.
Non o dubides. Isto é unha reunión de voces sobre ciencia ficción e fantasía. Cada programa é unha historia.
Baleiro Perfecto é invocado dentro do magazine cultural A que cheira, papá?
O Baleiro Perfecto volve polas andadas desta volta para falar do mundo da fotografía na fantasía e ciencia ficción. Cámaras para capturar espíritos, fotografías que veñen do futuro… Desde a cámara escura ata a distopía imaxinaria da IA xenerativa, repasamos neste episodio todo o que a fotografía como arte aportou aos nosos xéneros favoritos.

