Debate semanal sobre a actualidade futbolística dos equipos galegos. Falamos do Celta, Lugo pero nos centramos máis na SEGUNDA B (Depor, Ponte, Compos, Racing de Ferrol, Coruxo e Celta B).
Realmente somos uns amateurs que facemos isto por pasar un bo tempo xuntos.
“Sabes o que é ver a un Racing de Ferrol nun día chuvioso contra o Marino de Luanco, papando frío e pensando que collóns fago aquí? Iso é EMPEINE GALEGO”
Pouco a pouco iremos mellorando.
O noso twitter é @empeinegalego
A ver se este podcast mellora o anterior, seguimos na dinámica de ignorar as ligas de Tebas, sentímolo Celta e Lugo, pero heche o que hai.
Na segunda RFEF o Arosa está dando a sorpresa, o Compos gaña con solvencia mentres que Pontevedra, Coruxo, Bergantiños e Arenteiro seguen sen gañar un encontro.
Na primeira RFEF pleno de victorias galegas. O Celta Turistas deu a sorpresa en Irún cunha goleada, o Depor tivo un partido moi cómodo en Calahorra e o Racing de Ferrol gañou roubando a Hulio.