Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela.
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra.

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.
Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
Hoxe é o noso último progama do curso 25-26. Neste día de San Xoán, Sonia Rey xunto ao seu alumnado de 4º de ESO despiden o programa coa Palabra do mes.
Na primeira parte do programa, falamos con Neves Cando López, profesora de Lingua e Literatura Galega, que leva case 34 anos dando clase no IES Perdouro e decidiu xubilarse este mesmo curso.
Na segunda parte do programa, imos conversar co profesorado de varios ciclos de formación profesional do noso centro, para que nos vaian informando da oferta académica de cara ao vindeiro curso.
Falamos con Javier Rouco do departamento de Imaxe Persoal e con Juan Insua e Ana Patricia Anaya, do departamento de Administración.

