A Xela e a Lela gústalles moito ler e contar contos, e queren compartir con vós os contos que len en galego neste podcast, no que lerán os seus contos favoritos, que seguro que ti tamén estarás desexando ler.

Podes escribirnos a oscontosdexelaelela@gmail.com
A música que empregamos é Ataque de Jota, do álbume Kosmogonías de Berrogüetto.
Volvemos! Estiramos o verán ata ben entrado o outono, pero agora que chegou o frío, é o momento perfecto para reactivar o noso podcast. E como no outono hai moitas cousas ricas de comer, como as noces, as cabazas ou asa abelás, traemos un conto “delicioso”: “O moco máis rico do mundo”, de Valeria Kiselova con ilustracións de Mamen Marcén 😁
Seguro que vos abre o apetito!
Que felices estamos de volver e compartir contos 🥰📚