Os Contrabandistas

Entrevistas sobre pessoas e suas origens nos diversos pontos da Galiza e Portugal. Histórias, tradições, músicas, festas, gastronomia, cultura, turismo, as relações sócio-econômicas, a nossa língua e os seus diversos sotaques. Estudos sobre a literatura, contexto político e social e historiográfico da Galiza dentro da lusofonia. Suas músicas, cultura, regiões, cidades, aldeias, as questões mal… Seguir lendo Os Contrabandistas

NALINGUA, lecturas dun neofalante

NALINGUA, Lecturas dun neofalante, é un paseo sonoro por grandes obras da literatura galega desde a ollada dun de Valladolid. Unha análise sen academicismos nin pretensións, só o xeito dun neofalante de amosar o seu agarimo polo galego e pola súa literatura. Un podcast producido por Laboratorio de Radio e Vinte co apoio da Secretaría… Seguir lendo NALINGUA, lecturas dun neofalante

O Tigre do Futuro

Chega O Tigre do Futuro, un podcast que facemos desde o magazine cultural A que cheira, papá? O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. Cada día os peregríns proporán 3 temas, que poden ir desde o máis… Seguir lendo O Tigre do Futuro

FAN FAN

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.

A Xanela

A Xanela Podcast é un programa de entrevistas e conversas relacionadas coa actualidade social, política e cultural vencellado á revista en liña ‘A Xanela Audiovisual’ na que atoparás máis entrevistas, reflexións e artigos de colaboracións moi diversas.

A Lareira

Podcast en galego sobre cine, música, literatura, ciencia, cultura pop e o que xurda. Presentado por Raquel Besteiro Gestoso.

Compostela Cultural

Programa acerca das diferentes propostas culturais que facer en Compostela. Concertos, recitais, proxeccións… de todo un pouco, e tamén falar sobre os artistas composteláns. Equipo: Iria Curros

Recendo

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico), Antonio Brea (técnico-locutor), Javier Pereira (productor-locutor), Gema Millán (locutora), Marta López (locutora) e Manu Castiñeira (locutor).

Radio Orballo

Somos unha revista que nace froito dun interese plausíbel pola cultura en xeral. A nosa intención é de participar nos movementos de vangarda galegos.

Podcast Radio Galega

A Radio Galega dispón dunha ampla sección de Podcast, que para non saturar o directorio, linkamos desde esta entrada. Dándolle o link RSS ao gran programa do Diario Cultural. Desde novembro de 2021, creou un espazo para podcásts nativos: radiogalegapodcast.gal.

Os Outros Feirantes

Infoshow que busca ofrecer en cada programa, de xeito ameno, as cousas de interés de un Concello de Galicia. É dicir, cada programa adícase a un Concello e tratará de ir contando en diferentes seccións a súa xeografía, gastronomía, recursos naturais e arquitectónicos dese recuncho de Galicia, co ritmo desenfadado dun día de festa. Polo… Seguir lendo Os Outros Feirantes

Burán

Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio. Tripulación: Nela, Iria, Mario e Isaac.

Culturadeseu

Culturadeseu, onde se fala con diferentes convidados verbo da cultura galega líquida e glocal.