Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo da man da Revista Luzes.
Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.

Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada bispa pola Association of Roman Catholic Women Priest, un colectivo católicas, apostólicas e romanas que reivindican o papel da muller dentro da Igrexa de toda a vida. Exercerá na Coruña, na Comunidade do Home (vaia!) Novo, aínda que non comprobamos se os seus actos litúrxicos de poden chamar misas ou non. Marta Otero Mayán (que tivo que meter o ordenador no conxelador para que se enfriase e quedou sen móbil antes de rematar o episodio) anda na súa procura para entrevistala, e os demais, Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro felicitamos aos seus fegreses. E sen saír do sector, hai que felicitar a composteláns e compostelás en xeral pola decisión do Tribunal Supremo de facerlles devolver aos Franco a Santiago (ao Concello?, á Catedral?) a Abraham e Isaac, as figuras de pedra que un día estiveron no pórtico da Groria e desde mediados do século pasado, estiveron secuestrados no Pazo de Meirás.
E aínda quedou tempo para comentar a neutralidade ideolóxica que predica a Consellería de Educación e que permite a un alto cargo da Inspección, Enrique Prado Cuevas, ter e escribir opinións nazis. Ah, e falar do xuiz Peinado, que a día de hoxe cargaría a ABAU pola ortografía.
