As Cousas de Migueliño

Nestes tempos confusos de pandemia, de extremismos políticos, nace este espazo de podcast coa finalidade de entreter e difundir o traballo da diáspora galega que, dende o exterior traballan para labrarse unha vida pero nunca esquecen a terra NAI : Galicia. Un espazo de información, entrevistas e cultura que ten como único obxectivo dar a… Seguir lendo As Cousas de Migueliño

110 días

Buscaban a ninguén,fuxían cara ningures… 110 días é unha ficción sonora realizada por Emilio Tilve e Raúl Pinheiro para Radio Liverdade. É unha serie, de 8 capítulos e unha duración total de 35 minutos, na que a través de dúas personaxes mergullaraste e formarás parte dun mundo distópico. Lembra usar auriculares para unha moito mellor… Seguir lendo 110 días

Na Toupeira, músicas soterradas

Programa de Radio A Trastenda, emisora on line de podcast da Asociación Cultural e Centro Social A Trastenda da Pobra do Caramiñal, onde dar voz ao rock galego de guitarras poderosas cunha porta aberta á Lusofonía.

Os Dous de Sempre

Podcast sobre noticias, humor, curiosidades, xogos e, en liñas xerais, ao voso entretemento. Que podería saír mal?Todo. Temos moito medo, así que sede bos e boas con nós. Esperamos que vos guste 🙂

Contacontos en galego

Ola, boas, chámome Patty Castro son vocalista e locutora e son a creadora de Contacontos en galego, este proxecto nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego. E tamén do meu amor pola locución e a promoción e visibilidade… Seguir lendo Contacontos en galego

Ateneo Jazz

Ateneo Jazz, da man de Antón Porteiro, é un programa para os amantes do jazz e todos aqueles que queiran achegarse a el.