Paseando por Compostela con mulleres

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias…) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.

A Toupeira_Rillando Raíces

Non é unha toupeira calquera, é unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables, moitos cables. Instrumentos colocados conforme e debido esperando a ser tocados. Cociña de leña con pote a ferver. E a nosa terraza é o monte, son os campos, as montañas pequenas e grandes con esa banda sonora que… Seguir lendo A Toupeira_Rillando Raíces

Nós as Poetas

Nós as Poetas é un programa de poesía producido e conducido por Rober Figui que fala, cheira, sabe e soa a poesía. Para darlle voz ás poetas que foron participando nas tres últimas edicións do roteiro ‘O Paseo das Letras’ que organiza o colectivo EsCuA dentro das actividades do VeránEarte. Un espazo de entrevistas para… Seguir lendo Nós as Poetas

Agrupación Xosé Velo

Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo

Palavra Perduda

Neste espaço abordaremos fundamentalmente temas literários. Bem mediante a análise crítica de um ou vários livros. Bem centrando-nos no perfil dum autor ou autora salientável, ou que desejamos tratar devido à relevância ou impacte da sua obra. Bem-vindas serám as aportaçons e intervençons doutras persoas, convidadas a fim de complementar o nosso ponto de vista.… Seguir lendo Palavra Perduda

No fondo

Un maremoto asolaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandonada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros enerxéticos. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos… Seguir lendo No fondo

A Voz do Demo

Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.