FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.
Etiqueta: Música
Amor en Bruto
Un programa adicado ás mellores bandas de rocanrol que teñen visitado Galiza nos últimos tempos. Garage Punk Maleducado e Rockabilly Altamente Inflamable!
Sónica Cuántica
Sónica Cuántica é un programa atípico sobre música clásica, loitando contra a idea de que os xéneros musicais considerados cultos son aburridos ou elitistas. Durante media hora, cun fío condutor diferente en cada ocasión, revisamos varias pezas musicais. Na seguinte media hora, programamos música sen cortes relacionada coa temática escollida, para quen queira profundar máis.… Seguir lendo Sónica Cuántica
Rumboia
Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego. Presentaremos, en Rumboia, novos traballos discográficos e lembraremos a grupos e solistas que contribuíron coas súas músicas a crear ese importantísimo patrimonio que xa forma parte da nosa identidade como pobo. A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s… Seguir lendo Rumboia
Hip Hop em Galego FM
Todo o Hip Hop en galego, dende a 107.2 FM. O programa de radio do proxecto Hip Hop em Galego.
Pementa Preta
Programa no que facemos xirar, sobre todo, música negra, soul, funk, funky, disco, jazz… con algunha que outra entrevista e seccións de recomendación de discos, libros sobre música e axenda cultural. Equipo: Abelvision
Higher Street
Programa de música electrónica feito por Iván Mera. Radio_activos desde 1997 | jazz | soul | funk | free | rap | d&b | electro | deep | breaks | trip hop | …
Mix Club
Programa de música electrónica con dj-sets en directo
Mil Músicas
Un espazo para a música dos anos 60, 70 e principios dos 80.
Sons Revela2
SONS REVELA2 é un programa de radio que fala de música, fotografía, entrevistas, comentarios, axenda de exposición e concertos entre outras sorpresas que iremos descubrindo co paso dos programas.
Off Mental
OFF MENTAL, a cara “B” da música na cara “B” da radio. Presenta: Pequeno Monstro.
Divertimento para pequenos monstros
É un espazo de radio independente conducido polo Pequeno Monstro, realizado dende finais dos 80´s. Emitido nas súas orixes por Radio Fene e Radio Kaos, actualmente é parte da grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol). Ademais, é redifundido por Rádio Kalimera, 107.9 FM (libre de Compostela). Durante os seus máis de… Seguir lendo Divertimento para pequenos monstros
80 Vinilos/h
80 Vinilos/h, un programa de música estatal dos 80´s con especial parada nas rarezas de “La Movida” e inclusión da Enciclopedia Estatal desta década.
O Recanto do Corcovado
Programa musical especializado. Dirixo e presentado por Lois Atanes, o programa procura construír sinerxías musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais… todo pode encaixar a través da calidade como único e indiscutible criterio. Vigo/Tampere (Spain/Finland) desde 2000.
Fantasma Accidental
Música, lémures, fantasmas e outros accidentes. Un programa sobre a música contemporánea galega e as súas conexións, nunha viaxe de ida e volta no tempo e no espazo da man de Jose “Lemur” Abelairas.
Ábrete de Orellas
Esta versión radiofónica de Ábrete de Orellas repasa concertos no país, novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e recupera cancións do pasado máis ou menos recente. Ábrete de Orellas xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a… Seguir lendo Ábrete de Orellas
Grandes Vozes do Nosso Mundo
Grandes Vozes do Nosso Mundo é un programa de Radio Burela, dirixido e presentado por Marco Pereira coa colaboración de Silvera Vicente de Oliveira. Unha iniciativa feita desde a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo. As da música galega e as dos países que acolleron… Seguir lendo Grandes Vozes do Nosso Mundo
Folk in Trío
Folk in Trío é un programa de Cuac FM sobre música folk e tradicional, con especial atención á galega, pero sen esquecer outras rexións. Todo tipo de cultura galega ten cabida neste espazo, que dende Xullo de 2010 está nas ondas para todos vós. A música folk e tradicional dáse cita neste espazo con música… Seguir lendo Folk in Trío
C’mmons baby!
C’mmons baby! é unha produción do ictioscopio: un podcast sobre músicas distribuídas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga.