Non é unha toupeira calquera, é unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables, moitos cables. Instrumentos colocados conforme e debido esperando a ser tocados. Cociña de leña con pote a ferver. E a nosa terraza é o monte, son os campos, as montañas pequenas e grandes con esa banda sonora que non deixa de soar.
Eliximos moi ben o anaco de terruño onde nos imos instalar, porque é de aí de onde nos imos alimentar. Das raíces que máis nos gustan, e das que aínda non coñecemos que son as que nos fan sentir vertixe e latexar o corazón a ritmos descoñecidos pero dalgunha maneira familiares, ritmos vertixinosos, dos que petan no peito, dos que se fan notar, dos que che fan salivar e non che deixan falar, dos que confunden, pero morrerías por eles, por eses ritmos que son os que che recordan que estás vivo, porque estás vivo, sábelo, non?…
Como nós estamos moi vivos, queremos sabelo todo sobre vos, as criaturiñas do rural, que é o hábitat natural da nosa toupeira, pero se temos que instalarnos nalgún sumidoiro de calquera cidade, tamén a imos acondicionar para que pareza unha verdadeira toupeira.
Os de aquí abaixo, somos moi, moi curiosos e temos moitas gañas de saber como se move o mundo dende aquí, precisamos saber para logo divulgalo, sempre co permiso da outra parte, claro está! E sempre, sempre mantendo a intimidade ao máximo posible en cada caso. Esto quere dicir que só imos contar o que ti queiras que contemos.

Non e unha toupeira calquera, e unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables moitos cables. Instrumentos colocados conforme e devido, esperando a ser tocados. Cocinha de lenha con pota a ferver e a terreza da nosa toupeira e o monte son os campos as montanhas pequenas e grandes con esa banda sonora que non deixa de soar.
Seguimos aquí abaixo na toupeira
contando o que acontece nesta Casa Vella
neste espacio de creación
onde non para de pasar xente
desta vez con Sabela Domínguez e Julia Laport
estas dúas bailarinas acompañadas de Gena Mamonde
a que facía entre outras cousas de ollo externo
a proposta destas dúas mozas como son Sabela e Julia
ten moito que ver coas danzas urbáns e sobre todo co Waacking
