Programa de radio que logo é gravado para escoitar en formato podcast que fala de actualidade, de asociacións do Concello de Teo, de música galega, de cine, de economía e de Mulleres Galegas Kañeras.
O Podcast A Nova Realidade forma parte dunha programación da radio A Xente de Teo que conta con máis podcast e programas asociados.

Magazine onde daremos conta da actualidade do tecido asociativo teense (e doutro sitios tamén) e escoitaremos moita música e os básicos de salón e moitas cousas máis. Teremos un colaborador especial chamado Genebrando. Escoitádenos cada 15 días.
Hoxe comezamos pola nosa axenda cultural que nos traen Nair e Brando con todas esas propostas culturais, festivas, asociativas e deportivas. Árbore Azul, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, A Ponte Vella, AV Carballeira do San Martiño, Pareidolia espazo de arte, ACEM – Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras, Anacos educativos, Cra de Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R.
Logo falaremos con Micael que nos contará de que vai isto do Gali Crea que se vai celebrar o 4 de Xullo no Hotel Pazo O Rial de Vilagarcía de Arousa .
Continuamos co noso bloque musical que, desta volta, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman @LG1DO con @VrenoYg, Minguante con Alonso Caxade, Eris MacKenzie, @razerxze e Monoulious DOP.
E para rematar falaremos con Henrique Sanfiz Raposo que nos contará que tal foi o festival de podcast desta pasada finde e cousiñas de radios locais.
Menú preparado, falta que vos sentedes á mesa e o degustedes! Escoitádenos, compartídenos e axudádenos a chegar a máis xente. E se nos queredes botar unha man máis grande, colaborade económicamente con nós a través do noso Patreon.
www.patreon.com/ANovaRealidade/gift

