Descifrando a Historia

Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.

Viaxantas

Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por Cris Terceiro, con entrevistas, no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións.

O meta podcast

Un programa que xorde do TFG e que, mediante unha escolla totalmente arbitraria dos convidados, pretende dar a coñecer a realidade do podcast en Galicia e en galego.

Recuncho Gamer

Este é o podcast de Recuncho Gamer, un podcast onde falamos sobre videoxogos cun ton desenfadado, co foco especialmente posto nos grandes clásicos. Realizado coa colaboración de Radio Coruña Cadena Ser.

Mi madriña

Un podcast en galego (desde London), para galegos. Pasa o tempo con Carlos e Edgar falando, compartíndo, e ensinándolles a beleza do idioma!

ProcastiNation

Somos os ProcastiNation (antes Bocachanclas), uns amigos que falan… falan moito… incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente nos levan a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo… por que nós non?

Vila Araúxo

Benvid@s a este espazo imaxinario levado por Lois Blanco Araúxo e Carlos Blanco Vila, no que iremos convidando xente que nos presta para falar do que nos pete… coa música e a fábula como fíos condutores.

Km de balde

Camiño por prescripción médica. Vale, tamén porque o disfruto. Neste falangullo fálovos das cousas que se me pasan pola cabeza mentras pasan os kilómetros.

areias:sonoras

as areias comuns metem-se nos olhos,as areias sonoras entram pelas orelhas. Falangullo persoal de ideas ventureiras, pensamentos peregrinos, anacos de memoria, ferruxe emocional e viaxes de ida e volta. Producido entre 2006 e 2009. Foi un dos primeiros feitos en galego. Regresou no 2020.

FAN FAN

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.

A Tribo Radio

A TRIBO é un programa de radio deseñado especificamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO… Seguir lendo A Tribo Radio

As Conversas da Lobeira

Novo xeito de consumir algún do contido de A Lobeira today. Hoxe nace As Conversas da Lobeira!! Por aquí iran chegando a razón de un cada domingo, todos os audios dos directos mantidos a través do instagram durante este período de volta á normalidade, e quen sabe se despois tamén.