A TRIBO é un programa de radio deseñado especificamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO nace coa vontade de confluír con aquelas organizacións sociais, medios de comunicación, entidades e persoas que soñan cunha sociedade máis xusta e igualitaria.
O equipo REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa COORDINACIÓN Verónica Álvarez DESEÑO GRÁFICO Laura Romero PRODUCIÓN Tingalaranga WEB Touda COMUNICACIÓN Rosabel Candal
Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan.

A TRIBO é un programa de radio deseñado específicamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO nace coa vontade de confluír con aquelas organizacións sociais, medios de comunicación, entidades e persoas que soñan cunha sociedade máis xusta e igualitaria.
__
O equipo
REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa
COORDINACIÓN Verónica Álvarez
DESEÑO GRÁFICO Laura Romero
PRODUCIÓN Tingalaranga
WEB Touda
COMUNICACIÓN Rosabel Candal
__
Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan.
Aquí tes máis informacion
www.atribo.gal
twitter.com/ATriboRadio
https://www.facebook.com/ATriboRadio
Programa especial da TRIBO RADIO no Armadiña Rock 2020, confinado pero co espírito de sempre. Desde a Praza da Chousa (Combarro – Poio) falamos de festivais, activismo cultural, traballo comunitario, financiamento, participación social, voluntariado e coñecemos o impacto sociocomunitario nas vilas onde teñen lugar festivais como o Armadiña Rock, Pardiñas, Millo Verde, Canteira Fest, Morrasound Rock Fest e Agrocuir da Ulloa.
Comezamos o programa con Tamara Andrés, escritora, tradutora e veciña de Combarro. Conversamos con integrantes da directiva da ACD Armadiña: Luz Fontán, presidenta, Almudena Acuña, secretaria e Manuel Pastoriza, vogal e falamos con Xurxo Souto, escritor e músico; Puri e Peli, veciñes de Combarro e Patricia Hermida, productora e distribuidora de bandas de rock.
Debate entre asociacións sen ánimo de lucro que organizan festivais: Nico, do Festival Millo Verde; Rafa, do Canteira Fest; Nel, do Morrasound Rock Fest; Martiño, Pedro e Laura, da Asociación Cultural Xermolos (Festival de Pardiñas); Adrián e Braulio, do Colectivo Agrocuir da Ulloa.
Tamén contamos coa colaboración de Sés, cantora; Merche e Patricia, cantareiras da ACD Armadiña; Xosé Constenla, cantautor; Paula Herrero, vocalista e compositora do grupo Hig Paw e despedimos o programa con Fernado Llor (guionista) e Pablo Prado (ilustrador), autores da banda deseñada “O último Festi”, unha obra sobre o Festival Armadiña.
O programa complétase coa música de Cássia Eller, Monoulious Dop, Sés, Som do Galpom, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Agoraphobia, La Pegatina, Heredeiros da Crus, Xosé Constenla e High Paw.
Entra na TRIBO e convida tamén ás túas amizades a que o fagan.
Aquí tes máis informacion
www.atribo.gal
twitter.com/AtriboRadio
https://t.me/ATriboRadio
https://www.instagram.com/atribo.gal/
https://www.facebook.com/ATriboRadio
O equipo
REALIZACIÓN Xosé Antón Bocixa
COORDINACIÓN Verónica Álvarez
DESEÑO GRÁFICO Laura Romero
COMUNICACIÓN Rosabel Candal
SUPERVISIÓN Duarte Crestar
PRODUCIÓN Tingalaranga
REALIZACIÓN WEB AsociaciónTouda
