Amor en Bruto

Un programa adicado ás mellores bandas de rocanrol que teñen visitado Galiza nos últimos tempos. Garage Punk Maleducado e Rockabilly Altamente Inflamable!

Castañas no verán

O noso é o social! Descubre o noso souto radiofónico deseñado para entreter, acompañar e sobre todo falar de temas que normalmente quedan agochados pero que afectan a moitas persoas en todo o mundo.

A Xanela

A Xanela Podcast é un programa de entrevistas e conversas relacionadas coa actualidade social, política e cultural vencellado á revista en liña ‘A Xanela Audiovisual’ na que atoparás máis entrevistas, reflexións e artigos de colaboracións moi diversas.

Corentena Dixital

Marcus Fernández e Javi Mos falan de tecnoloxía e calquera outra cousa que lles pete durante a corentena. Este espazo non ten nin periodicidade, nin duración, nin formato, previamente definidos.

Sesión Vermú

Rubén, Jenni e Jimmy xúntanse tratando de facer risa. Cada quince días (máis ou menos), porno auditivo en Spotify. Un podcast para facer a pera.

Emprendendo en 10 minutos

Emprendendo.gal son as miñas experiencias persoais e intransferibles no camiño de construír un proxecto que pague as facturas todos os meses. Semanalmente subirei un novo episodio onde falarei das miñas experiencias persoais (e tamén intentarei aportar algo de valor).

A Lareira

Podcast en galego sobre cine, música, literatura, ciencia, cultura pop e o que xurda. Presentado por Raquel Besteiro Gestoso.

Enxeñería Sen Fronteiras Radio

ESF Radio. O podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia Un espazo de creación colectiva para cambiar a sociedade poñendo a tecnoloxía ao servizo do ben común. ESF aposta polo voluntariado como unha actividade transformadora en si mesma.

Sónica Cuántica

Sónica Cuántica é un programa atípico sobre música clásica, loitando contra a idea de que os xéneros musicais considerados cultos son aburridos ou elitistas. Durante media hora, cun fío condutor diferente en cada ocasión, revisamos varias pezas musicais. Na seguinte media hora, programamos música sen cortes relacionada coa temática escollida, para quen queira profundar máis.… Seguir lendo Sónica Cuántica

Lapis e papel

Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca. Presentado por Fabián Bastos.

Comer e falar todo é comezar

Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, agora en SI RADIO GALICIA. Todos os domingos de 13:0 a 14:00, Xosé Manuel García no canal de Ivoox, fai un percorrido pola gastronomia galega e a sua xente, e tamén no blog. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo… Seguir lendo Comer e falar todo é comezar

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego. Presentaremos, en Rumboia, novos traballos discográficos e lembraremos a grupos e solistas que contribuíron coas súas músicas a crear ese importantísimo patrimonio que xa forma parte da nosa identidade como pobo. A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s… Seguir lendo Rumboia

De Parola

Martín Sorga (@MartinSorga) e Iván Iglesias (@ivaniglesiasi) fundan o podcast “De Parola” pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística. Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua.Benvidos e… Seguir lendo De Parola

Álbum das Letras Galegas

Biografias sonoras dos nomes máis importantes da literatura galega. O álbum das letras galegas é un percorrido pola vida e a obra de cinco autores emblemáticos da literatura de Galicia. Grazas ao seu traballo, ao seu talento, á súa valentía e ao seu tesón hoxe en día as letras galegas gozan do respecto, do prestixio… Seguir lendo Álbum das Letras Galegas

Galiza Livre

Informaçom livre e sem mordaças ao serviço das vozes críticas do nosso país. Audios de palestras, intervençons e todo tipo de arquivos de interesse para a Galiza que luita. Mais canles aquí.

Aquí e Agora

Somos un proxecto de radio galega e en galego non profesional, que nace do activismo cultural militante de base para navegar polos novos formatos de difusión dixital. Un programiña alegre e combativo que aspira acadar semanalmente a túa complicidade para pasarmos xunt@s un tempo feliz. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e… Seguir lendo Aquí e Agora

Compostela Cultural

Programa acerca das diferentes propostas culturais que facer en Compostela. Concertos, recitais, proxeccións… de todo un pouco, e tamén falar sobre os artistas composteláns. Equipo: Iria Curros