O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e @dosdorei en Bruxelas

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.
Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Que teñen en común as montañas dos Cárpatos, a Guerra Fría e máis de 140.000 persoas obrigadas a abandonar os seus fogares? En abril de 1947, as autoridades comunistas polacas puxeron en marcha a operación Vístula, unha operación de deportación masiva que expulsou da súa terra a milleiros de ucraínos e lemkos, unha comunidade eslava cunha lingua, unha cultura e unha identidade propias e moi ligada ós vales e montañas dos Cárpatos.
Coa escusa de combater a guerrilla nacionalista ucraína, que combatía o exército vermello nesa zona de fronteira, o réxime polaco dispersou familias enteiras polos territorios do norte e oeste do país, recentemente gañadas, tentando romper os seus vínculos comunitarios e borrar a súa presenza histórica na rexión. Aínda que esta operación foi un trauma para un pobo enteiro, as autoridades polacas fracasaron no seu intento por asimilar esta identidade lemka e facela desaparecer do mapa.
Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924

