Culturadeseu

Culturadeseu, onde se fala con diferentes convidados verbo da cultura galega líquida e glocal.

Habitando

Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis decirlle en Galicia, de Arquitectura Sen Fronteiras. O último venres de cada mes estaremos no teu podcatcher favorito cun novo episodio, ou pásate por aquí para escoitalo ou descargalo directamente.

Salta da Cama

Programa matinal, dirixido e presentado por Pablo García, con dedicatorias musicais, felicitacións de aniversario, información e entretemento, seccións de humor e entrevistas de actualidade. Radio Estrada ofrece algúns dos seus programas en formato podcast, visita a súa web para escoller o que máis che guste ou subscríbete ao RSS.

Grandes Vozes do Nosso Mundo

Grandes Vozes do Nosso Mundo é un programa de Radio Burela, dirixido e presentado por Marco Pereira coa colaboración de Silvera Vicente de Oliveira. Unha iniciativa feita desde a Mariña do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes voces do noso mundo. As da música galega e as dos países que acolleron… Seguir lendo Grandes Vozes do Nosso Mundo

Folk in Trío

Folk in Trío é un programa de Cuac FM sobre música folk e tradicional, con especial atención á galega, pero sen esquecer outras rexións. Todo tipo de cultura galega ten cabida neste espazo, que dende Xullo de 2010 está nas ondas para todos vós. A música folk e tradicional dáse cita neste espazo con música… Seguir lendo Folk in Trío

Xeración Bravú

Xeración Bravú é o programa da xeración que vai vivir peor ca seus pais. Aqueles mozos e mozas que non teñen futuro, pero sí un sorriso para mudar a realidade! Política, humor, cultura…todo cabe neste programa.

O Malituska 283

Emitindo desde un submarino diésel a profundidade indefinida. Latitude e lonxitude descoñecidas.