Comparativa entre o Camiño da Vida e o Camiño de Santiago a través da mirada dos nosos maiores.
Serie producida por Claqueta Coqueta e que forma parte Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Camiñantes do noso.
Comparativa entre o Camiño da Vida e o Camiño de Santiago a través da mirada dos nosos maiores.
Serie producida por Claqueta Coqueta e que forma parte Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Isabel, coñecida polos seus veciños como a Pantoja, é a protagonista do capítulo 2 de “Camiñantes do noso”. Ela é unha desas cantareiras que, á luz do lume e da calor da lareira, cantan e gobernan. Isabel, que contaba tódalas noites os seus sete fillos pra ver se non lle faltaba ningún, déixanos a seguinte reflexión: “Saín eu adiante mellor con sete fillos que agora con un”.