Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio.
Tripulación: Nela, Iria, Mario e Isaac.
Programa quincenal de radio, de temática variada (xeralmente cultural) e certa intención divulgativa.
Como se un mundo non fose suficiente, o ser humano estivo sempre ideando as posibilidades dos universos alternativos. Neste episodio, a tripulación de Burán fala do metaverso, esa extensión virtual da simple realidade obxectiva e o que pode depararnos. Tamén das súas dimensións lúdicas, o reflexo que tivo no cinema e na literatura e a sombra da distopía que espreita. E escoitando achados como P.R2B, Caetano Veloso ou Camarada Nimoy.