Podcast en galego sobre cine, música, literatura, ciencia, cultura pop e o que xurda.
Presentado por Raquel Besteiro Gestoso.

Podcast en galego sobre Cine,música, literatura,ciencia, cultura pop e o que xurda.
-Presentado por Raquel Besteiro Gestoso
Neste episodio coñecemos a Juanucha, emigrante retornada oriunda de Ribeira. Aos seus case 90 anos estívonos a contar as suas aventuras e desventuras na emigración en Newark (New York). Muller de Julián, o practicante de Ribeira, marchou cada el cando decidiu facer as américas, onde estiveron a traballar deixando aos fillos en Galicia.
Juanucha falounos dos tempos do contrabando na súa vila natal, do nacemento da festa da Donra e do seu traballo na diáspora; nunha fábrica de armamento primeiro e de guitarras despois.
Anos de traballo que culminaron na súa volta a Ribeira cunha pistola gardada entre a equipaxe.
Estas e moitas historias máis, na Lareira de hoxe.
