Chega O Tigre do Futuro, un podcast que facemos desde o magazine cultural A que cheira, papá?
O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. Cada día os peregríns proporán 3 temas, que poden ir desde o máis elevado ao máis vulgar.
O Tigre do Futuro é un podcast que facemos desde o magazine cultural A que cheira, papá?, con todo o que iso significa. Unha ollada nova e fresca, gana de pasalo ben, e toda unha plantilla de colaboradoras ben garridas.
Entra a escoitar o Tigre!

O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar.
O podcast en galego onde poden convivir lendas urbanas, nocións de psiquiatría e historias misteriosas sen máis roces dos necesarios.
O Tigre do Futuro facémolo desde o magazine cultural A que cheira, papá?, con todo o que iso significa. Unha ollada nova e fresca, gana de pasalo ben, e toda unha plantilla de colaboradoras ben garridas.
Entra a escoitar o Tigre!
Sectas xaponesas de yoga, activismo gordo e o consultorio de saúde mental máis fresco, todo no último Tigre do Futuro da tempada!
Neste episodio fin de festa contaron historia OPutoPablo, Violeta Pérez e Ánxela Lema, con Guillermo como anfitrión.
Comezou Pablo, que veu falar do terrorífico atentado con gas sarín no metro de Tokio en 1995. A secta autora do atentado, Aum Shinrikyo, supostamente non era nada mais que un “grupo de yoga”. Afondamos na vida do seu fundador, o misterioso Shōkō Asahara, o gurú cego que chegou a poñer en xaque ao goberno de Xapón.
Despois Violeta comeza unha sección nova e abre o seu consultorio para responder todas as vosas dúbidas sobre saúde mental. Estreamos o “Pregúntalle a Vio” con varias preguntas do público, sobre rumiación mental, TCA ou vigorexia.
Por último Ánxela trouxo un tema de rabiosísima actualidade: gordofobia e activismo gordo. Aproveitando a polémica co vestido de Kim Kardashian falamos sobre o discurso gordófobo e a escusa da preocupación pola saúde detrás do que se agocha. Da man da poesía de Andrea Nunes facemos un repaso polas reivindicacións do activismo gordo que alza a voz.
