Somos unha revista que nace froito dun interese plausíbel pola cultura en xeral. A nosa intención é de participar nos movementos de vangarda galegos.
Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:
Entrevista:Lucas Rodicio fálanos do seu proxecto musical Blues Time.

Tralas Pegagadas da Historia: O Pirata da Moureira. Na estrea desta nova sección de historia imos tralas pegadas do coñecido coma derradeiro Pirata de Occidente.
Espazo Saideco: outra estrea, neste caso no eido musical, un apartado no que poremos o ollo e o ouvido nos artistas do panorama musical lusófono (onde incluimos ao galego). Nesta primeira entrega coñeceremos ó artista brasileiro Tom Jobim.

Lembrade que podedes seguilo programa en directo tódolos venres de 17h a 18h na web de Radio Allariz.

