Martín Sorga (@MartinSorga) e Iván Iglesias (@ivaniglesiasi) fundan o podcast “De Parola” pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística. Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua.Benvidos e… Seguir lendo De Parola
Etiqueta: Humor
Arredemo
Programa de humor e actualidade, cheo de retranca e moito espectáculo radiofónico ó estilo morning show.Equipo: David Leiro, Miguel Gómez
Xoubas
Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.
Xeración Bravú
Xeración Bravú é o programa da xeración que vai vivir peor ca seus pais. Aqueles mozos e mozas que non teñen futuro, pero sí un sorriso para mudar a realidade! Política, humor, cultura…todo cabe neste programa.
