Chamámonos de vez en cando, e falamos de podcasts. Contraprogramamos a actualidade co que gravamos hai meses ou anos.
Etiqueta: Cultura Popular
Paseando por Compostela con mulleres
Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias…) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.
Compostela nas pequenas historias
Compostela nas pequenas historias reflicte a memoria viva da cidade sacada dos diversos xornais editados en Compostela nos séculos XIX e XX, dos textos dos cronistas, das lendas populares e dos contos de taberna.
Agrupación Xosé Velo
Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo
Non vén a nada
Non vén a nada son esas conversas entre dous amigos melómanos que acabaron converténdose nun podcast sobre música e barrenes varios. Sempre falamos de broma (menos cando falamos en serio).
A Palleira
Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.
A Voz do Demo
Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.
A Autoridade Competente
Facendo canon desde a nosa casa e sen quitarmos as zapatillas. A Malvada Profe, Jon Amil, Marta V. Izaguirre e Ghanito somos a autodenominada autoridade competente.
Radio Olvido
Programa musical gravado dende as ruinas da histórica Radio Kalimera, no CSA do Sar, en Santiago de Compostela, Cidade Kapital. Presentado por Emilio P. Cancelo en colaboración con Lukas de Gomariz e outras voces.
Radio Ingrávida
Teatro, cultura, comunidade na Radio Ingrávida, a radio da antiga sala teatral, con Irene Moreira.
Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e virtual con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. Todos os mércores novo programa.
Loco Iván
Acusadas dun crime que non cometeran, un grupo de adictas á SF, a fantasía, o rol, os videoxogos e outras desviacións abxectas da cultura popular, fixéronse cun submarino nucelar de saldo dende o que perpetran semanalmente un espazo de delirio revolucionario ca cooperación necesaria de Cuac FM. Grazas a un crítico co dado de vinte,… Seguir lendo Loco Iván
Gurrucho de Vozcast
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.