As Cousas de Migueliño

Nestes tempos confusos de pandemia, de extremismos políticos, nace este espazo de podcast coa finalidade de entreter e difundir o traballo da diáspora galega que, dende o exterior traballan para labrarse unha vida pero nunca esquecen a terra NAI : Galicia. Un espazo de información, entrevistas e cultura que ten como único obxectivo dar a… Seguir lendo As Cousas de Migueliño

Paseando por Compostela con mulleres

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias…) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.

A Palleira

Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.

Castañas no verán

O noso é o social! Descubre o noso souto radiofónico deseñado para entreter, acompañar e sobre todo falar de temas que normalmente quedan agochados pero que afectan a moitas persoas en todo o mundo.

Enxeñería Sen Fronteiras Radio

ESF Radio. O podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia Un espazo de creación colectiva para cambiar a sociedade poñendo a tecnoloxía ao servizo do ben común. ESF aposta polo voluntariado como unha actividade transformadora en si mesma.

Galiza Livre

Informaçom livre e sem mordaças ao serviço das vozes críticas do nosso país. Audios de palestras, intervençons e todo tipo de arquivos de interesse para a Galiza que luita. Mais canles aquí.

Soa o Silencio

Soa o Silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asolagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa,… Seguir lendo Soa o Silencio

Habitando

Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis decirlle en Galicia, de Arquitectura Sen Fronteiras. O último venres de cada mes estaremos no teu podcatcher favorito cun novo episodio, ou pásate por aquí para escoitalo ou descargalo directamente.