Soa o Silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asolagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas.
Soa o silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas.
En cada programa ademais dos temas sociais, achegarémonos á cultura a través da música e da lectura. Ensaios novelas, teatro, poesía… Para que vaiades petiscando. Tamén contaremos con algunha sección que por agora, deixamos que sexan sorpresa.
Estamos gravando no local da Asociación Cultural A Galleira, en Ourense. Pero seremos un programa itinerante achegándonos a distintos lugares da cidade para escoitar como soa o silencio.
https://radioliverdade.wordpress.com/programas/soa-o-silencio/
Desprazámonos ata a marabillosa taberna A Arca da Noe para gravar o quinto capítulo do noso programa Soa o Silencio. En ‘Vivindo o rual’ quixemos afondar nisto, no que supón vivir e traballar no rural, nas nosas aldeas practicamente abandonadas. E para iso contamos con xente que pode falar por propia experiencia.