Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis decirlle en Galicia, de Arquitectura Sen Fronteiras. O último venres de cada mes estaremos no teu podcatcher favorito cun novo episodio, ou pásate por aquí para escoitalo ou descargalo directamente.

Habitando é o podcast de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.

O pasado mes de novembro, no marco do proxecto Dereito ao Hábitat Rural, desenvolvemos un Seminario Intercentros para o intercambio de saberes e realidades coa presencia de profesorado dos centros das catro provincias vencellados ao proxecto.
O profesorado é axente chave nas comunidades educativas para o desenvolvemento de aprendizaxes significativas con metodoloxías participativas, como cartografías colaborativas ou traballos de campo de observación e recoñecemento do territorio. Durante o seminario, seis centros expuxeron as experiencias postas en marcha recentemente co foco no dereito ao hábitat, a relación coa contorna, a participación do alumnado e a aplicación curricular nunha realidade próxima e real, a fin de identificar as boas prácticas comúns a este tipo de proxectos.
Nesta terceira entrega do ciclo de falangullos Habitando o rural contamos hoxe con Rocío Romar Roel, mestra do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, e con Susana Trigo Arcos, mestra do IES de Pontecaldelas, para que compartan con todas nós a súa experiencia de varios anos neste eido:
- A paisaxe urbana de Malpica: Actividade | Enquisa
- A ordenación do territorio: Dosier

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Subscrición
Feed | Apple Podcast | Spotify
Contacto

