Aquí e Agora

Somos un proxecto de radio galega e en galego non profesional, que nace do activismo cultural militante de base para navegar polos novos formatos de difusión dixital. Un programiña alegre e combativo que aspira acadar semanalmente a túa complicidade para pasarmos xunt@s un tempo feliz. Aspiramos a medrar contigo, a crecer en contidos, seccións e… Seguir lendo Aquí e Agora

Recendo

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega. Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico), Antonio Brea (técnico-locutor), Javier Pereira (productor-locutor), Gema Millán (locutora), Marta López (locutora) e Manu Castiñeira (locutor).

Radio Escaparate

Radio Escaparate é un programa feito polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. Nel mestúranse comunicación, actualidade, cultura, creatividade e boa música. Mércores ás 20.00 horas.

Os Outros Feirantes

Infoshow que busca ofrecer en cada programa, de xeito ameno, as cousas de interés de un Concello de Galicia. É dicir, cada programa adícase a un Concello e tratará de ir contando en diferentes seccións a súa xeografía, gastronomía, recursos naturais e arquitectónicos dese recuncho de Galicia, co ritmo desenfadado dun día de festa. Polo… Seguir lendo Os Outros Feirantes

Sons Revela2

SONS REVELA2 é un programa de radio que fala de música, fotografía, entrevistas, comentarios, axenda de exposición e concertos entre outras sorpresas que iremos descubrindo co paso dos programas.

Entrelazados

Programa divulgativo en lingua galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.

Divertimento para pequenos monstros

É un espazo de radio independente conducido polo Pequeno Monstro, realizado dende finais dos 80´s. Emitido nas súas orixes por Radio Fene e Radio Kaos, actualmente é parte da grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol). Ademais, é redifundido por Rádio Kalimera, 107.9 FM (libre de Compostela). Durante os seus máis de… Seguir lendo Divertimento para pequenos monstros

Salta da Cama

Programa matinal, dirixido e presentado por Pablo García, con dedicatorias musicais, felicitacións de aniversario, información e entretemento, seccións de humor e entrevistas de actualidade. Radio Estrada ofrece algúns dos seus programas en formato podcast, visita a súa web para escoller o que máis che guste ou subscríbete ao RSS.

Xeración Bravú

Xeración Bravú é o programa da xeración que vai vivir peor ca seus pais. Aqueles mozos e mozas que non teñen futuro, pero sí un sorriso para mudar a realidade! Política, humor, cultura…todo cabe neste programa.

O Malituska 283

Emitindo desde un submarino diésel a profundidade indefinida. Latitude e lonxitude descoñecidas.