O meta podcast

Un programa que xorde do TFG e que, mediante unha escolla totalmente arbitraria dos convidados, pretende dar a coñecer a realidade do podcast en Galicia e en galego.

Vila Araúxo

Benvid@s a este espazo imaxinario levado por Lois Blanco Araúxo e Carlos Blanco Vila, no que iremos convidando xente que nos presta para falar do que nos pete… coa música e a fábula como fíos condutores.

Km de balde

Camiño por prescripción médica. Vale, tamén porque o disfruto. Neste falangullo fálovos das cousas que se me pasan pola cabeza mentras pasan os kilómetros.

areias:sonoras

as areias comuns metem-se nos olhos,as areias sonoras entram pelas orelhas. Falangullo persoal de ideas ventureiras, pensamentos peregrinos, anacos de memoria, ferruxe emocional e viaxes de ida e volta. Producido entre 2006 e 2009. Foi un dos primeiros feitos en galego. Regresou no 2020.

FAN FAN

FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.

A Tribo Radio

A TRIBO é un programa de radio deseñado especificamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO… Seguir lendo A Tribo Radio

Amor en Bruto

Un programa adicado ás mellores bandas de rocanrol que teñen visitado Galiza nos últimos tempos. Garage Punk Maleducado e Rockabilly Altamente Inflamable!

A Xanela

A Xanela Podcast é un programa de entrevistas e conversas relacionadas coa actualidade social, política e cultural vencellado á revista en liña ‘A Xanela Audiovisual’ na que atoparás máis entrevistas, reflexións e artigos de colaboracións moi diversas.

Corentena Dixital

Marcus Fernández e Javi Mos falan de tecnoloxía e calquera outra cousa que lles pete durante a corentena. Este espazo non ten nin periodicidade, nin duración, nin formato, previamente definidos.

Emprendendo en 10 minutos

Emprendendo.gal son as miñas experiencias persoais e intransferibles no camiño de construír un proxecto que pague as facturas todos os meses. Semanalmente subirei un novo episodio onde falarei das miñas experiencias persoais (e tamén intentarei aportar algo de valor).

A Lareira

Podcast en galego sobre cine, música, literatura, ciencia, cultura pop e o que xurda. Presentado por Raquel Besteiro Gestoso.

Enxeñería Sen Fronteiras Radio

ESF Radio. O podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia Un espazo de creación colectiva para cambiar a sociedade poñendo a tecnoloxía ao servizo do ben común. ESF aposta polo voluntariado como unha actividade transformadora en si mesma.

Sónica Cuántica

Sónica Cuántica é un programa atípico sobre música clásica, loitando contra a idea de que os xéneros musicais considerados cultos son aburridos ou elitistas. Durante media hora, cun fío condutor diferente en cada ocasión, revisamos varias pezas musicais. Na seguinte media hora, programamos música sen cortes relacionada coa temática escollida, para quen queira profundar máis.… Seguir lendo Sónica Cuántica

Lapis e papel

Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca. Presentado por Fabián Bastos.

De Parola

Martín Sorga (@MartinSorga) e Iván Iglesias (@ivaniglesiasi) fundan o podcast “De Parola” pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística. Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua.Benvidos e… Seguir lendo De Parola