Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca.
Presentado por Fabián Bastos.
Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca.
Presentado por Fabián Bastos.
O mes de maio chega cargado de ciclos teatrais pola cidade de Vigo. A Sala Ártika presenta o “II Festival de Circo a escena Artiklown” e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais a “Primavera Teatral”.
Por outra banda, unha das estreas do ano chega con “Inventio”, un novo espectáculo de gran formato inspirado no Camiño de Santiago que o vindeiro outono-inverno tomará os escenarios.
Ademais, repasamos a axenda teatral de Vigo e Comarca e os finalistas dos “XXVI Premios de Teatro María Casares”, que coñecerá aos seus gañadores o vindeiro 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña.