Folk in Trío é un programa de Cuac FM sobre música folk e tradicional, con especial atención á galega, pero sen esquecer outras rexións. Todo tipo de cultura galega ten cabida neste espazo, que dende Xullo de 2010 está nas ondas para todos vós.
A música folk e tradicional dáse cita neste espazo con música en directo, sorteos, anuncios, entrevistas… e un lote de novidades cada semana con gran apoio pola música novel. Temos feito programas en directo, como na Antiga Prisión Provincial da Torre aproveitando o noso 50º programa, ou o Especial Festival Interceltique de Lorient, dez programas en directo dende a Bretaña francesa nos anos 2012 e 2013.
Cuac FM é unha emisora de radio comunitaria que emite dende 1996 no dial 103.4 da cidade da Coruña, dende 2006 na web www.cuacfm.org, e dende 2011 en diversas aplicacións para dispositivos móviles, no Google Play, na Apple Store e no Nokia OVI.
Falamos do certame Runas que xa coñece ós seus semifinalistas, escoitamos a tres deles, Gabriel G. Diges, Böj e Perfect Friction.
Logo a Noitarega, Pop, Raúl Rodríguez, Zoobazar, Riobó, Lizgairo, Clannad e Mercedes Peón.