É un espazo de radio independente conducido polo Pequeno Monstro, realizado dende finais dos 80´s. Emitido nas súas orixes por Radio Fene e Radio Kaos, actualmente é parte da grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol). Ademais, é redifundido por Rádio Kalimera, 107.9 FM (libre de Compostela). Durante os seus máis de 25 años de existencia vén dando voz aos Colectivos da comarca, artistas, músicos locais e abranguendo a contrainformación, contracultura e, mesmo, a ficción sonora. Probabelmente é o programa de radio, con continuidade, máis antigo na FM en Ferrolterra.

Edición do venres 9 de outubro de DIVERTIMENTO para pequenos monstros…
Contidos:
– O Colectivo ferrolán CGTH anda a cumprir 10 anos, e para cebralo programan unha festa para o vindeiro venres 16 de outubro na sala Super 8 de Ferrol, coas actuacións de Bala, Klute e Os Novos. Oscar e Olaia, integrantes de CGTH, estiveron no estudio…
– O mundo da DANZA e da DANZATERAPIA en Ferrol. Coa presenza do bailarín Suso Pérez Lago e da danzaterapeuta Mar Sanchez Fraga?, que afondaron no mundo da danza e nos contaron as actividades para este novo curso e da áula de danzaterapia que impartirá Mar Sanchez a partir do xoves 15 de outubro.
Recomendacións para a fin de semana…
Difunden: Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol) & Rádio Kalimera, 107.9 FM.
Conducen: Ana Lucecú? e o Pequeno Monstro?.
+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com
