Programa divulgativo en lingua galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.
Programa divulgativo en Lingua Galega na grella da RâdioFilispíM 93.9 FM ou vía streaming dende opaii.blogspot.com.
Repeticións:
Venres de 02:00 a 03:00 Horas.
Domingos de 09:00 horas a 10:00 Horas.
Programa Entrelazados Nº 64, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos que emite dende Ferrol. Na locución e coordinación, Xurxo Gago.
Neste derradeiro programa de temporada comezamos a escoita dalgúns temas do concerto acústico de Sés celebrado no local da Fundaçom Artábria a primeiros deste mes de maio.
Despois temos a habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [O Cine de animación galego] e a continuación a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe [Elis Regina].
Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.
Finalizamos esta breve temporada do programa Entrelazados, unha temporada na que non faltou a música e o cine con Carmen Sixto e as Músicas de Brasil e outras terras de Eugenia Sanmartín, unha temporada onde estivo presente a historia e o limiar das irmandades da fala con Xosé María Dobarro, onde entrevistamos á compañías de teatro como os Gazafelhos, ou a profesoras do programa Piale, ou a historiadores coma Bernardo Máiz coa historia de Amada García, tamén coñecemos un pouco máis algunhas asociacións coma a de Ferrol Vello, sempre presente a música galega, música da terra. Este é o programa entrelazados, comprometido coa nosa lingua historia e tradición.
O programa volverá aló polo mes de outubro.
Saúde e Terra!