Somos Marta e Ana e temos un podcast para falar con mulleres novas que fan cousas e das cousas que nós facemos. Entre risas e choros intentamos aprender algo máis sobre saúde mental e o mundo caótico no que nos tocou vivir. A todo isto, como estades?

Este ano as cantareiras soarán con forza no día das letras galegas. Unha forma de homenaxear no días das nosas letras a memoria popular e a cultura oral. Para celebralo, no programa de hoxe acompáñanos Eva, creadora de Rebelico Revista e pandeireteira en Ferriñas Bravas. Raíz e divulgación feita persoa.
A reconexión da xente nova coa cultura popular, a presión de recoñecer o propio éxito, a importancia das referentes, a orixe da vocación… todo isto e moito máis nun capítulo con sabor a foliada. Ídelo perder?