Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.
Xoubas é un programa de meta-humor post-xeralista sobre marisco, música, marsupias e a cor vermella. Cunha periocidade de 0,3383 programas cada 38 días, levamos peixe fresco e en conserva á Radio Kalimera, ondas ceibes da cidade anteriormente coñecida como Califato de Conde Roa, hoxe Noriegagrado (Santiago de Compostela).
A falta dunha barba, o noso triunvirato radiofónico queda anulado polo de agora. As nosas dúas cabezas pensantes restantes comparten corpo mais non neuronas, así que dende XOUBAS vos facemos un adianto da quinta tempada nesta especial versión reducida do programa.
Volvemos ás raíces con seccións curtas, poesía mandangueira, música negra da old school, premonicións zoolóxicas (dende aquí predicimos un final de descrición épico), noticias hiperrrealistas (tan realista que leva tres erres, si) e un serial que remata tan pronto comeza… ou non?
Sintoniza forte, pecha portas e ventás, déixalle comida ao gato para unha semana e pon este novo programa en bucle ata que teñas que cambiar os baldes de refugallos.
Cebolas no cu de Aquiles.